Para pedidos por teléfono chámenos: 651 972 876
Os nosos produtos
Pole
O pole das abellas considérase un verdadeiro tesouro nutricional cargado de vitaminas, minerais e encimas que ofrece numerosos beneficios para a nosa saúde.
O pole é producido polas plantas e as abellas no seu traballo diario recollen este pole. Cando se recolle, mestúrase co néctar das abellas. As abellas almacénano no panal e cóbrese de mel e cera dando lugar a unha especie de fermentación que máis tarde servirá de alimento ás abellas. Grazas a este proceso de fermentación, as propiedades nutritivas do pole son aínda mellores, dando lugar a grans que conteñen flavonoides, aminoácidos, vitaminas, lípidos, etc, sendo moi beneficiosos para a saúde.